lunes, 15 de noviembre de 2010

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL



ASEMBLEA XERAL DE TRABALLADORES/AS
Mércores, 17 de novembro
11:30 e 18:30
Lugar: SALÓN DE ACTOS DO EDIFICIO DOS SINDICATOS NA CORUÑA (Avda. de Alfonso Molina)

A NEGOCIACIÓN POR MAL CAMIÑO

Reproducción del panfleto confeccionado por el comité de negociación de Zara Logística


Xa levamos dúas longas reunións coa empresa, nas que analizamos completamente toda a plataforma de negociación que no seu momento elaboramos entre todos. A postura da empresa está sendo moi distinta á de anteriores negociacións e xa deixou claro que a súa intención é pactar algo “moderado”, sen ter en conta para nada nin as nosas reivindicacións nin a excelente situación económica pola que atravesa a empresa nin, claro está, a penosidade que supoñen para nós unhas obras mal planificadas e a eterna pésima organización do traballo. Cantos anos levamos sen un sistema de rotacións cabal e que poidamos facer respectar? Pero para eles todo iso non inflúe para NADA na negociación.
É traballo de todos facer que cambie de postura.

Xulgade vós mesmos. Isto é o que ofrecen:


  • Pacto a 3 anos cunha suba do 2% cada ano. Esta porcentaxe é global e incluiría calquera demanda nosa que supoña cartos á empresa.
  • Aumento de pluses: NADA.
  • As horas extras poderían compensarse en tempo, mais cando a eles lles dese a gana.
  • Redución de xornada anual: NADA.
  • Aumento a 45 min. do descanso na tarde e na noite: NADA.
  • Eliminación ou redución de sábados: NADA.
  • Mellora no sistema de vacacións: NADA.
  • Cambios de quenda entre traballadores: aceptado, pero ten que ser por semanas completas.
  • Fins de semana longos: NADA.
  • Cambio do horario de entrada en Carga: NADA.
  • Posibilidade de pasar a 1.540 horas escollendo a rotación tarde-noite: aceptado, pero só para cubri-las posibles vacantes que se vaian producindo en Carga.
  • 24 e 31 de decembro non laborables: NADA.
  • Permisos: aceptaron aumentar a 6 os días por nacemento de fillo, a posibilidade de utiliza-los días de asuntos propios fraccionados en horas (cun mínimo de 4 horas) e o día seguinte a asistencia a unha mesa electoral. Do resto, NADA.
  • Do relacionado con Seguridade e Saúde non contestaron aínda.
  • Mellora nas axudas sociais e resto de reivindicacións: NADA DE NADA.
  • Aceptarían un plano de pensións, pero as cantidades que tivese que achegar a empresa deduciríanse da suba do 2% que ofrecen.
  • En canto a xubilacións anticipadas ou calquera sistema semellante non hai nada concreto. Presentamos varias alternativas que a empresa aínda non contestou.


 O martes 16 témo-la seguinte reunión. A empresa foi moi rotunda na súa negativa a case tódalas nosas demandas, incluso ás que non supoñen custo económico como son as relativas a calendarios. Parece como se desta volta quixese botarlle un pulso a tódolos traballadores de Zara Loxística. Pulso que estamos dispostos a aguantar, non?


Ante esta situación, na que en só dúas reunións parece que a negociación está practicamente bloqueada, cremos que é imprescindible a primeira ASEMBLEA XERAL para decidir as medidas a seguir.
  
ASEMBLEA XERAL DE TRABALLADORES/AS

Mércores, 17 de novembro

11:30 e 18:30

EDIFICIO DOS SINDICATOS NA CORUÑA (Avda. de Alfonso Molina)

jueves, 11 de noviembre de 2010

PRIMEIRA REUNIÓN DE NEGOCIACIÓN

O comité de empresa informa

(9 de novembro de 2010)

A primeira reunión non foi máis aló dunha toma de contacto na que se discutiron algúns puntos da plataforma presentada polo Comité, sobre todo, no referente a calendarios, permisos e seguridade e saúde.

A pesar de non entrar a fondo nas cuestións tratadas, a nosa valoración inicial non é moi positiva, pois a empresa puxo reparos a toda canta reivindicación explicabamos nós.

De todas maneiras, é a primeira reunión, na que nin sequera se tocaron tódalas materias que compoñen a nosa plataforma, por exemplo a suba salarial e os pluses. Este venres, 12 de novembro, continuaremos coa negociación da que vos informaremos puntualmente.

A negociación non fixo máis que empezar, mais debemos estar todos atentos ao que poida pasar.

martes, 2 de noviembre de 2010

PLATAFORMA CONXUNTA 2010

Podes descargarla plataforma entregada á empresa por parte do Cómite para inicialas negociacións en formato PDF dende aqui ou vela directamente dende aquí

lunes, 28 de junio de 2010

29 junio, Valencia : Manifestación "No a la Reforma Laboral y los recortes sociales"

La Plataforma por los Derechos Social y contra la Crisis, amplia plataforma social de sindicatos de clase, movimientos sociales, partidos políticos de la izquierda transformadora, así como activistas ecologistas y altermondistes, quiere dejar claro ante las personas trabajadoras, desempleadas y precarias, las trabajadoras y trabajadores autónomos, pensionistas y estudiantes, la economía social, las empresas familiares y la ciudadanía en su conjunto, que se está cometiendo un grave atropello contra todas y todos en beneficio de la banca, las transnacionales y los especuladores financieros.

lunes, 21 de junio de 2010

Concentración contra a reforma laboral

A FL de Vigo fai un chamamento a todos/as os/as afiliados/as e simpatizantes para que acudan a esta concentración diante da Delegación de Traballo en Vigo, o mércores 16 de xuño ás 11:00h.

A nova reforma laboral, que previsiblemente será aprobada este mércores no consello de ministros tras “esgotar a vía do diálogo cos axentes sociais” para a súa imposición posterior mediante decreto, suporá (de impoñerse) un novo retroceso nos dereitos dos/as traballadores/as en aspectos como o abaratamento do despido e flexibilización das condicións de traballo, cun aumento da precariedade para toda a clase traballadora.

No capítulo dedicado á modificación substancial das condicións de traballo, establécense causas “obxectivas” (“probadas” razóns técnicas, organizativas ou de produción) para modificar unilateralmente a capricho das empresas aspectos como: xornada de traballo, distribución irregular da xornada e horario, réxime de traballo a quendas, salario e sistema de remuneración, sistema de traballo, rendemento e funcións, independentemente do que establezan os Convenios Colectivos.

sábado, 22 de mayo de 2010

CGT convoca huelga el 8 de junio y exige a CCOO y UGT que convoquen huelga general y no firmen ninguna reforma laboral


CGT convoca HUELGA y UNA JORNADA DE LUCHA el 8 de Junio tras las medidas adoptadas por el gobierno contra las trabajadoras y trabajadores públicos, pensionistas, contra toda la clase trabajadora, las clases más populares y la sociedad en general, siendo al mismo tiempo incapaz de adoptar ninguna medida contra las rentas de los ricos, banqueros, patronal, especuladores.

Noticia completa aquí

CGT Galicia

Confederación General del Trabajo (CGT)