lunes, 15 de noviembre de 2010

A NEGOCIACIÓN POR MAL CAMIÑO

Reproducción del panfleto confeccionado por el comité de negociación de Zara Logística


Xa levamos dúas longas reunións coa empresa, nas que analizamos completamente toda a plataforma de negociación que no seu momento elaboramos entre todos. A postura da empresa está sendo moi distinta á de anteriores negociacións e xa deixou claro que a súa intención é pactar algo “moderado”, sen ter en conta para nada nin as nosas reivindicacións nin a excelente situación económica pola que atravesa a empresa nin, claro está, a penosidade que supoñen para nós unhas obras mal planificadas e a eterna pésima organización do traballo. Cantos anos levamos sen un sistema de rotacións cabal e que poidamos facer respectar? Pero para eles todo iso non inflúe para NADA na negociación.
É traballo de todos facer que cambie de postura.

Xulgade vós mesmos. Isto é o que ofrecen:


  • Pacto a 3 anos cunha suba do 2% cada ano. Esta porcentaxe é global e incluiría calquera demanda nosa que supoña cartos á empresa.
  • Aumento de pluses: NADA.
  • As horas extras poderían compensarse en tempo, mais cando a eles lles dese a gana.
  • Redución de xornada anual: NADA.
  • Aumento a 45 min. do descanso na tarde e na noite: NADA.
  • Eliminación ou redución de sábados: NADA.
  • Mellora no sistema de vacacións: NADA.
  • Cambios de quenda entre traballadores: aceptado, pero ten que ser por semanas completas.
  • Fins de semana longos: NADA.
  • Cambio do horario de entrada en Carga: NADA.
  • Posibilidade de pasar a 1.540 horas escollendo a rotación tarde-noite: aceptado, pero só para cubri-las posibles vacantes que se vaian producindo en Carga.
  • 24 e 31 de decembro non laborables: NADA.
  • Permisos: aceptaron aumentar a 6 os días por nacemento de fillo, a posibilidade de utiliza-los días de asuntos propios fraccionados en horas (cun mínimo de 4 horas) e o día seguinte a asistencia a unha mesa electoral. Do resto, NADA.
  • Do relacionado con Seguridade e Saúde non contestaron aínda.
  • Mellora nas axudas sociais e resto de reivindicacións: NADA DE NADA.
  • Aceptarían un plano de pensións, pero as cantidades que tivese que achegar a empresa deduciríanse da suba do 2% que ofrecen.
  • En canto a xubilacións anticipadas ou calquera sistema semellante non hai nada concreto. Presentamos varias alternativas que a empresa aínda non contestou.


 O martes 16 témo-la seguinte reunión. A empresa foi moi rotunda na súa negativa a case tódalas nosas demandas, incluso ás que non supoñen custo económico como son as relativas a calendarios. Parece como se desta volta quixese botarlle un pulso a tódolos traballadores de Zara Loxística. Pulso que estamos dispostos a aguantar, non?


Ante esta situación, na que en só dúas reunións parece que a negociación está practicamente bloqueada, cremos que é imprescindible a primeira ASEMBLEA XERAL para decidir as medidas a seguir.
  
ASEMBLEA XERAL DE TRABALLADORES/AS

Mércores, 17 de novembro

11:30 e 18:30

EDIFICIO DOS SINDICATOS NA CORUÑA (Avda. de Alfonso Molina)

CGT Galicia

Confederación General del Trabajo (CGT)