jueves, 11 de noviembre de 2010

PRIMEIRA REUNIÓN DE NEGOCIACIÓN

O comité de empresa informa

(9 de novembro de 2010)

A primeira reunión non foi máis aló dunha toma de contacto na que se discutiron algúns puntos da plataforma presentada polo Comité, sobre todo, no referente a calendarios, permisos e seguridade e saúde.

A pesar de non entrar a fondo nas cuestións tratadas, a nosa valoración inicial non é moi positiva, pois a empresa puxo reparos a toda canta reivindicación explicabamos nós.

De todas maneiras, é a primeira reunión, na que nin sequera se tocaron tódalas materias que compoñen a nosa plataforma, por exemplo a suba salarial e os pluses. Este venres, 12 de novembro, continuaremos coa negociación da que vos informaremos puntualmente.

A negociación non fixo máis que empezar, mais debemos estar todos atentos ao que poida pasar.

CGT Galicia

Confederación General del Trabajo (CGT)