miércoles, 17 de noviembre de 2010

ATENCIÓN!!! A EMPRESA CAMBIA DE ACTITUDE, ASEMBLEA APRAZADA

POR FIN COMEZAMOS A NEGOCIAR

Na reunión de hoxe a empresa trouxo un talante máis negociador e avanzouse nalguns aspectos nos que anteriormente se negaran rotundamente a entrar.

Aceptou a igualación de sábados para tódalas seccións, e dicir, 1 de cada 8. Tamén a ampliación do descanso a 45 minutos para as quendas de noite e tarde.

Tamén estivo de acordo en regula-lo tempo de compensación por realización de horas extras esteblecendo uns topes diarios que se pactarán co Comité.

Para a próxima reunión do martes 23, comprometeuse a traer unha proposta concreta para que estudémo-la posibilidade de establecer unha quenda fixa de tarde. Aceptaron que hai que incentivar economicamente esa quenda. Nesa reunión poderemos avaliar se a cantidade que ofrezan é suficiente para facer atractivo ese horario a parte do persoal e así poder crear unha quenda fixa de mañá paralela.

Outro compromiso da empresa foi traer unha proposta clara sobre melloras nas condicións de traballo en función da idade, como por exemplo, reducións de xornada sen que afecten ao salario nin á cotización. A posibilidade de prexubilacións, sen estar pechada, parece complicada, pero temos asegurada algunha mellora segundo aumente a nosa idade. Cando teñámo-la oferta definitiva poderemos avaliala.

Deixamos claro que a oferta económica (dun 2% para 3 anos) está moi lonxe do que estamos dispostos a aceptar e aseguraron que o próximo martes comunicarannos unha nova. Nós, polo de agora, continuamos coas nosas reivindicacións de partida.

Non hai nada concreto nin pactado definitivamente, pero as posturas da empresa foron máis de negociación, sen deixar nada pechado. Seguimos estando lonxe dun acordo, pero polo menos, estamos negociando. 

Debido a esta nova actitude da empresa queda aprazada a asemblea de hoxe para o próximo mércores 24, onde agardamos poder informarvos dunha negociación moito máis avanzada.


O Comité de negociación

CGT Galicia

Confederación General del Trabajo (CGT)