sábado, 22 de mayo de 2010

1º de maio na Coruña



Ás doce e cuarto do mediodía tivo lugar a saída da cabeceira da manifestación do 1º de maio da CGT co lema “Cada despido é unha agresión. Ningunha agresión sen resposta“. Máis dun cento de manifestantes participaron no acto, reclamando insistentemente a urxente necesidade dunha Folga Xeral e sinalando a organización e loita da clase obreira como o camiño para enfrentarse ao capital, aos ERES e aos despedimentos. Á manifestación sumouse un grupo de traballadores da CUT, que participaron das reivindicacións plantexadas.
A manifestación rematou na Praza do Humor, onde se deu lectura ao manifesto da CGT da Coruña e se cantou “A las barricadas”.

CGT Galicia

Confederación General del Trabajo (CGT)