jueves, 5 de mayo de 2011

Asemblea da CGT da Coruña

O venres, 13 de maio, ás 19.00 horas, a CGT da Coruña fará unha Asemblea Xeral de afiliados na que se debatirá e a orde do día do Pleno de Sindicatos que terá lugar en Pontevedra os días 28 e 29 do mesmo mes, de cara ao Pleno Confederal de Alicante do mes de xuño.


Fuente:  Web da Confederación Xeral do Traballo de Galicia (CGT)

lunes, 20 de diciembre de 2010

ACORDO REGULADOR DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO DE ZARA LOGÍSTICA, S.A 2011-2013

Poñemos a vosa disposición na sección de documentos, o acordo firmado en Arteixo o día 13 de decembro do 2010 entre o Comité de Empresa e Zara Logística S.A.

RESULTADOS DO REFERENDO

No referendo celebrado o longo do día 7 de Decembro do 2010 se acadaron os seguintes resultados:
  • Votos a favor do acordo      514
  • Votos en contra do acordo   159
  • Votos en branco                  10
Gracias a tod@s pola vosa participación.
Un Saúdo de clase

jueves, 2 de diciembre de 2010

ASEMBLEAS INFORMATIVAS


ASEMBLEAS INFORMATIVAS NAS ÁREAS DE DESCANSO




VENRES, 3 DE DECEMBRO

LUNS, 6 DE DECEMBRO

 Á SAÍDA DAS QUENDAS ROTATIVAS:  
       15:00 e 23:00, PAQUETERÍA e PRENDA COLGADA
       16:00 e 00:00, EXPORTACIÓN e CARGA

 Á ENTRADA DAS QUENDAS DE NOITE:
       21:30 EXPORTACIÓN 
       22:30 PAQUETERÍA e PRENDA COLGADA
       23:30 CARGA


NESTAS ASEMBLEAS EXPLICAREMOS DETALLADAMENTE AS CONDICIÓNS DO PREACORDO AO QUE CHEGOU O COMITÉ COA EMPRESA.

MARTES, 7 DE DECEMBRO REALIZARASE UN REFERENDO DURANTE TODO O DÍA. O SEU RESULTADO DECIDIRÁ AO ASINAMENTO OU NON DO ACORDO FINAL.

martes, 23 de noviembre de 2010

4ª REUNIÓN DE NEGOCIACIÓN COA EMPRESA

A empresa presentou unha proposta global a todas luces insuficiente:
  • incremento salarial a 3 anos:  4% 3% 3%
  • equiparación del complemento de noche a las horas nocturnas realizadas con el 32% de incremento
  • equiparación del viernes noche al sábado día ( 50%)
  • Sistema de prexubilacións que reduce gradualmente a xornada sen pérdida de salario dende os 55 anos ata a partir dos 60. Dito sistema comenza en 50 horas de reducción aos 55 anos e termina en 100 horas a partir dos 60.
  • 45 min de descanso nas quendas de tarde e noite
  • Reducción dos sábados traballados a 1 de cada 8
  • Compensación das Horas Extraordinarias en tempo libre,a elección do traballador, cunha proposta rídicula por parte da empresa do disfrute do citado tempo, onde prácticamente se disfruta cando eles queiran.
  • En canto a axudas sociais: Retribución flexible coa exención fiscal correspondente para o seguro médico privado, gardería e HCI- hogar conectado a internet-
  • Aumento do anticipo de salario a 2400€ a devolver en 15 mensualidades
  • Pequenas concesións en canto a permisos, e temas relacionados coa Seguridade e a Saúde
  • NADA SOBRE QUENDAS FIXAS ( nin reducción de xornada, nin máis diñeiro para a quenda de tarde)
As asembleas que estaban previstas para mañá realizaranse este Xoves 25, onde o Comité informará detalladamente desta proposta e de calquera cuestión relativa á negociación.
Para poder explicarvos e escoita-las vosas opinións, estas asembleas realizaranse nas áreas de descanso, á saída das quendas rotativas e á entrada nas de noite.

TEMOS QUE ESTAR PREPARADOS PARA LOITAR POLOS NOSOS DEREITOS¡¡
ADIANTE COA LOITA OBREIRA¡¡

UN SAÚDO DE CLASE

viernes, 19 de noviembre de 2010

As negociacións continuan

As negociacións continuarán na próxima reunión coa empresa. Será este martes, 23 de novembro. Tódalas novidades desa reunión as teredes aquí nos vindeiros dias.
Saudos

miércoles, 17 de noviembre de 2010

ASEMBLEA PARA O 24 DE NOVEMBRO


ASEMBLEA XERAL DE TRABALLADORES/AS
Mércores, 24 de novembro
11:30 e 18:30
Lugar: SALÓN DE ACTOS DO EDIFICIO DOS SINDICATOS NA CORUÑA (Avda. de Alfonso Molina)

CGT Galicia

Confederación General del Trabajo (CGT)